Citas

para ter en conta antes de pedir a cita

Vaia Pelos é un pequeno comercio no que a familiaridade e a confianza son os seus pilares básicos, moitos de vos xa me coñecedes e sabedes que o bo trato que reciban os vosos cans nestas instalacións é INDISPENSABLE 



Intento que sexa unha perruquería con sesións de baixo estrés para os vosos cans pero tamén busco poder ter un ambiente de traballo sen estrés para min xa que é necesario par poder realizar o meu traballo de forma correcta.


Gustaríame que lle botaras un ollo as seguintes normas para poder ofrecerlle o teu can o mellor servicio posible.


- para evitar retrasos, pasados 15 minutos (dende a hora da cita) anularase AUTOMÁTICAMENTE e haberá que solicitar outra nova


- as citas que non se anulen/cambien cunha antelación MÍNIMA DE 24 HORAS ou non se presenten, para a seguinte cita, haberá que     solicitala presencialmente en tenda e abonarase por adelantado, de non presentarse nesta segunda cita ou non anulala cunha antelación mínima de 24h non se devolverán os cartos para cubrir os gastos ocasionados como luz, tempo de traballo, etc...


- non se atenderán cans enfermos SEN diagnóstico e/ou tratamento para o seu dor.


- se o can  ten algunha característica especial de saude, como enfermidades crónicas, soplo no corazón, artrosis, etc deberase comunicar no momento de pedir a cita para poder darlle o tempo necesario e non retrasar as seguintes citas ou a hora de saída.


- para evitar retrasos inesperados, se a mascota ven con nudo, muda excesiva, é nerviosa, agresiva, ou medosa deberase informar a Vaia Pelos para ter en conta a hora de poñer a cita e poder informar sobre os precios que poden derivar destas situacións.


- para evitar retrasos ou pérdidas de tempo, rogamos que teña claro o servicio que nos vai solicitar, se non ten claro ou duda, fáganolo saber para así poder aconsellarlle e reservar o tempo necesario.


-  para evitar nerviosismos, rogamos non acuda a recoller a sua mascota ata que se lle avise


- se necesita deixar a sua mascota antes da hora acordada, terá que ser consultado co establecemento


- se non vai poder recoller a sua mascota no momento do aviso, por favor informenos para telo en conta e non retrasar a nosa hora de salida ou peche


- a mascota deberá acudir a sesión correctamente desparasitada, de non ser así cobrarase un plus


- contamos cun sistema de recordatorio para citas, se o necesita solicítenolo


- rogamos pedir a cita con antelación


- UNHA VEZ REMATADA A XORNADA LABORAL, EN CASO DE SER NECESARIA A ESPERA DE VAIA PELOS POLO/A PROPIETARIO/A, COBRARASE PLUS DE GARDERÍA 20€ cada 15min.



Share by: